RECOMENDACIÓNS FAMILIAS

🔊 Escoita este artigo:

CONOCE TU CEREBRO PARA APRENDER A APRENDER

Sabías que o cerebro non é un músculo, pero canto máis entendemos como funciona, mellor podemos adestralo? Moitas veces, o fracaso escolar ou a frustración á hora de estudar non veñen pola falta de capacidade, senón por non saber como funciona a nosa "maquinaria" interna. 

Desde a biblioteca queremos recomendarvos un libro que está a cambiar a forma en que as familias entenden o estudo: "Conoce tu cerebro para aprender a aprender" de Héctor Ruiz Martín. 




Por que ler este libro en familia?

Este libro non é un manual técnico aburrido; é unha guía práctica que traduce os descubrimentos da neurociencia a unha linguaxe sinxela. Ó lelo, poderedes axudar ós vosos e ás vosas fillas a:

- Entender a memoria: por que esquecemos o que estudamos o día anterior e como podemos facer que a información "quede" connosco a longo prazo. 

- Xestionar as emocións: o cerebro non aprende se está estresado ou bloqueado. O libro ofrece claves para crear un ambiente de estudo positivo.

- Fuxir da memorización baleira: ensina estratexias para que o estudo sexa significativo, conectando o novo que xa saben. 

- Durmir e descansar: explica a importancia vital do sono no proceso de aprendizaxe (é mentres durmimos cando o cerebro "fixa" o aprendido). 

Una ponte cara ó estudo significativo. 

O obxectivo non é que os nenos e as nenas estuden máis horas, senón que o fagan mellor. Cando entenden por que se distraen ou como funciona a súa atención, gaña seguridade e autonomía. 

Como familias, este libro daravos as ferramentas para ser guías nos seu camiño educativo, deixando atrás as presións e substituíndoas por comprensión e estratexias eficaces. 



MINIPROXECTO PARA 1º CICLO DE PRIMARIA "CAMIÑANDO POR GALICIA"


Comezamos novo proxecto en 1º e 2º de Primaria. Nesta ocasión aprenderán sobre a nosa comunidade autónoma: 
- a nosa paisaxe;
- a diversidade lingüística;
- as profesións;
-...

Para iso, desde a biblioteca do centro queremos recomendarvos os seguintes libros para apoiar a aprendizaxe dos vosos nenos e nenas.


BO CAMIÑO, PEREGRINO!





O GRAN LIBRO DAS NOSAS VILAS






PROXECTO "VIDA EN ACCIÓN"


Durante seis semanas traballaremos desde Primaria, os seres vivos. Para iso queremos ofrecervos desde a biblioteca unha serie de libros que podedes consultar para seguir aprendendo.

ENCICLOPEDIA DE LOS ANIMALES


Enciclopedia infantil muy visual e cargada de información para seguir aprendendo sobre os animais do planeta. Moi recomendable para todas as idades debido á súa accesibilidade.

LA MEJOR SOPA DEL MUNDO


Neste conto, os animais do bosque lémbrannos o importante que é traballar en grupo para acadar os obxectivos de forma excelente.


EL GRAN LIBRO DEL ÁRBOL Y DEL BOSQUE


Desde a prehistoria ata os nosos bosques actuais, este gran libro describe con marabillosas ilustracións as diferentes árbores e bosques do mundo, así como a fauna e a flora que crece en cada un deles.