RETO DA SEMANA

🔊 Escoita este artigo:

 Desde a biblioteca queremos convidarvos a xogar coas palabras. 

Cada semana aparecerá, nesta páxina, un reto lingüístico. Se queredes compartilo connosco, acercádevos á biblio na hora do recreo de Primaria e falamos. 

Ánimo!


RETO SEMANA DO 16 DE MARZO. ANAGRAMAS DE PALABRAS

Coa palabra que che damos, tes que formar outra empregando as letras da palabra dada. Fíxate no exemplo que che damos. 

caso ⇝ saco

Atréveste? Imos aló!

Roma 

comas 

martes 

camelia 

apañes 

lobo 

allo 


Agora, poderías inventir ti algún máis?


RETO SEMANA DO 23 DE MARZO.

Coa mesma palabra de tres letras, completa as seguinte. Que palabra empregaches?

Exemplo:

_ _ _ GADO

_ _ _ MÓN

_ _ _ LEIRO

RE _ _ _ TAR


Coa palabra SAL.

Imos aló, agora tócache a ti.

XIRA _ _ _

PARA _ _ _

_ _ _ DADO

_ _ _ TEIRO


Pásate pola biblioteca ó longo da semana e cóntanos as túas solucións. 


RETO SEMANA DO 13 DE ABRIL.

Sentímonos nostálxicas. Esta semana imos xogar a cifras e letras. 

PROBA DE LETRAS

Coas seguintes letras tes que intentar crear a palabra máis longa. Ten que aparecer no diccionario.

M, A, L, R, O, E, T, P, S.


PROBA DAS CIFRAS

O reto consiste en conseguir o resultado exacto ou o que máis se acerque. Podes empregar as catro operacións básicas e unha soa vez cada número. As divisións deben ser exactas. 

Números: 100, 25, 9, 8, 7, 5

Resultado: 533

Pásate pola biblioteca e cóntanos ata onde chegaches. 


RETO SEMANA DO 11 DE MAIO. 

Novo reto. Fíxate na seguinte listaxe de palabras. Cal das seguintes palabras debería seguir a secuencia?

Secuencia: cana, neve, azucre, fariña

Posibles palabras: mechón, xudías, choiva, beizos, leite. 


Como o anterior era moi sinxelo, propóñoche outro. 
Que letra debería substituír o signo de interrogación?

A, E, F, M, ?, W, Y